Agora que se está a piques de celebrar o San Antón,
quixeramos presentarlles un moi particular e especial.
Na
parroquia de Loiba, nun lugar escondido entre eucaliptos chamado O Aroxo,
atópase esta imaxe de San Antón. Unha figura minúscula de aproximadamente 5 cm.
de alto traída de Cuba disque hai máis de dous séculos.
Non
sabemos a razón da súa chegada, se cadra algún emigrado por aquelas terras a
meteu no peto como amuleto a venerar en caso de malfado.
Nos
primeiros tempos, os crentes pedíanlle a San Antoniño do Aroxo para que
conservase a saúde dos animais domésticos dos que se vivía, sobre todo as
vacas, que eran os que máis cartos deixaban.
Os
devotos coñecedores desta imaxe, peregrinaban ao Aroxo levarlle aceite e
bolboretas. As bolboretas non son aquí animais voadores, senón superficies
redondas elaboradas con cortiza ás que se lles chantaba unha especie de mecha
alumeadora para que aboiase no aceite. Desta maneira o santo permanecía
alumeado, no tempo en que as velas escaseaban ou eran máis caras ou manchaban a
superficie de tapete.
Máis
tarde deuse en levar exvotos de todo tipo, non só de animais, senón tamén de
partes do corpo humano ou do corpo enteiro.
San
Antoniño do Aroxo constitúese nun microsantuario para acollemento dos veciños,
sobre todo de Espasante, de Céltigos e de Loiba, co mesmo afán venerador dos
grandes santuarios do país.
San Antoniño é moi pequeniño. Está enriba da almofada e debaixo da cruz. |
2 comentarios:
Ai, eu mon sabía nada diso....Como me gusta o topónimo Aroxo!Moi ben Luís, diversificando información
E a min! Saúdos
Publicar un comentario